Programación de Fin de Semana

Badminton sub17Dende o venres de 14:00 a 21:00 horas e durante todo o fin de semana, disputarase no pavillón Coto Ferreiro o Campionato de España de bádminton sub-17. O sábado o horario de competición será de 9:00 a 21:00 horas e o domingo, xa as finais, de 10:00 a 13:00 horas.

A noite do venres, ás 21:30 horas, terá lugar a representación teatral da obra “AMORES E CRIMES DE XAN PANTEIRA” da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (Entrada de balde) Co gallo do ano adicado a Roberto Vidal Bolaño, o grupo de adultos da Escola presenta unha adaptación de unha das primeiras pezas montadas pola compañía de Roberto, titulada “Antroido”; como un xeito de homenaxear a un dos dramaturgos máis importantes da literatura e da escena galegas.

O sábado presentase con gran variedade de actividades na vila ademais do xa devandito campiontato de bádminton.

ZapatosÁs 12:00 teatro para os máis cativos no principal dirixido a nenos de entre 1 e 4 anos a compañía Caramuxo Teatro representará a obra «Zapatos». As entradas poden adquirirse antes da función na billeteira do teatro por 3,00€

SINOPSE:  ¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha pequena rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. «Zapatos» narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Rober BodegasXa pola tarde, a partir das 16:30, terá lugar o I Trofeo de Ciclismo na Avenida 25 de Xullo, onde se poderán inscribir os participantes que o desexen.

Para rematar, ás 23:00 horas Rober Bodegas chega ao Teatro Principal co seu espectáculo «O umbral da
estupidez». O pase demorouse dúas horas a razón dos partidos que disputan os dous equipos na elite do fútbol galego que se xogan a permanencia na Primeira División. As entradas xa están a venda no departamento de cultura, 4ªPlanta do concello, polo prezo de 8€ en venta anticipada. Tamén se poderán adquirir unha hora antes do espectáculo na billeteira do teatro por 10€.

Na xornada do domingo, ademais das finais do campionato de bádminton, o entorno do pavillón Coto Ferreiro albergará a fase final da Liga FGB de Minibasket e Ascenso CallobrePreminibasket e un torneo 3X3 de Minibasket para nenos de entre 7 e 12 anos de prebia inscrición libre.

Ás 12:15 nova cita polo ascenso con un dos nosos equipos estradenses, o Callobre C.F. xogase o ascenso a liga galega.                ¡Forza Callobre!

Mentras en Loimil celebran a súa tradicional XI Festa do Año ao Espeto.

Redacción: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta