Dende hoxe á venda as entradas «Soño dunha noite de verán»

Hoxe puxéronse á venda as entradas para o espectáculo da compañía VOADORA: «Soño dunha noite de verán«. Poden recollerse ou reservarse no Departamento de Cultura do concello a un prezo de 6,00 euros. O espectáculo terá lugar este vindeiro domingo ás 19.00h no Teatro Principal.
 
Tamén poden recollerse os convites para o espectáculo TIC TAC TOC de Pablo Díaz que terá lugar este vindeiro sábado ás 12.30h. Este concerto musical está especialmente dirixido a cativos de entre 0 e 12 anos.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta