Hoxe na Biblioteca “Xosé Neira vilas” do CEIP do Foxo recibimos a una adolescente con síndrome de Down, Marina Menéndez.
Para desenvolver esta actividade puxémonos en contacto coa Asociación Down Compostela, da que Marina é usuaria, coa finalidade de coñecer máis polo miúdo como é a vida dunha persoa usuaria desa asociación e ser quen de entender e valorar a diversidade.
Con motivo da celebración, o 21 de marzo, do día Mundial do Síndrome de Down, traballouse no Centro a nivel de grupo sobre este tema, tanto aportando información como reflexionando sobre as diferenzas das distintas personas, a empatía con elas e o respecto cara elas…
Marina compartiu con alumnos de 5º e 6º de Primaria do cole, anaquiños da súa vida e contounos cousiñas para que sexamos capaces de ter outra mirada cara as persoas que teñen capacidades diferentes, cara a diversidade por varios motivos:
- Porque a diversidade enriquécenos como persoas , sempre logramos aprender algo que nin nos imaxinabamos.
- Porque aprendemos a aceptar as diferenzas e darnos conta do fluxo positivo en ambos sentidos que ten o feito de compartir experiencias, pois saen de Marina e chega a nós e de nós a Marina.
- Porque aprendemos a valorar a importancia do esforzo na consecución de metas, obxectivos.
- Porque aprendemos a ter empatía e ser capaces de poñernos no lugar do outro.
Marina acudiu ao Centro acompañada de persoal da Asociación Down Compostela e despois dunha presentación na que contaba como se desenvolvía a súa vida, o seu día a día, os seus gustos…., os nosos alumnos tiveron ocasión de facerlle preguntas e participaron nun intercambio de papeis no que os nosos alumnos intentaban poñerse no lugar de Marina e ver o que se sinte cando un está do outro lado dun grupo, da importancia de pedir axuda….







































