E desta ocasión foi a vencida, o PXOM logra a aprobación definitiva.
Este mediodía o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, puxo a súa rubrica na orde para a aprobación definitiva do Plan Xeral de A Estrada. Hernández, acompañado do alcalde visiblemente emocionado, José López, ratificou que, a pesar de que se teñen que realizar pequenos axustes, a aprobación é xa definitiva e o novo Plan Xeral entrará en vigor nos próximos días, unha vez saia publicado no Boletín Oficial da Provincia.
Pola súa parte o rexedor comentou que para el era o día máis feliz da súa vida ao acadar o seu reto máis difícil. Lembrouse dos membros das distintas corporacións que durante 20 anos traballaron para tentar aprobar este plan e agradeceu especialmente o apoio da súa familia e compañeiros de goberno durante este último ano.
Tamén asistiron a firma o delegado Territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, a secretaria Xeral de Territorio e Urbanismo, Maria Encarnación Rivas Díaz, o responsable do equipo redactor e os membros do equipo de goberno local.
[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ standard=»http://www.youtube.com/v/Tv-WrTFTLNw?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=Tv-WrTFTLNw&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=¬es=» id=»ep8316″ /]
Fotografías, Gravación e Redacción: Iria Eiras



































