O BNG quere denunciar o estado de total abandono no que se atopan moitas vías de titularidade municipal por todo o noso rural. Non hai máis ca dar unha volta por unha das parroquias para ver un exemplo extrapolábel ao resto do rural.
Xa as propias pistas de acceso a moitos núcleos non teñen o ancho mínimo para garantir unha mobilidade minimamente segura e se a isto lle sumamos a falla de desbroce que provoca a invasión da calzada pola vexetación, o BNG considera que temos servidas as mellores condicións para que o día menos pensado se produza un accidente grave que non se vai solucionar só con queixas e arrepentimentos.
Se para as festas do S. Paio procede, como é natural, mellorar o aspecto da vila, debe ter tamén prioridade a seguridade da xente da aldeas.
Por todo isto o BNG insta ó goberno municipal presidido polo sr. López a que dunha vez por todas tome en serio este asunto tan inaprazábel.






































