O ALCALDE DEBE CESAR DE INMEDIATO AO COORDINADOR DE PROTECCIÓN CIVIL POR INCOMPATIBILIDADE GRAVE NO EXERCIZO DAS SÚAS FUNCIÓNS.

A lei de incompatibilidades dos traballadores do sector público impide que realicen actividades privadas en empresas do mesmo sector no que están distinados.

 

O traballador municipal ademais exerce como coordinador do servizo por designación directa mediante decreto do alcalde.

 

 

Dende o PSOE da Estrada, ante a información publicada no día de hoxe por un xornal galego na que se denuncia a vinculación a nivel de xerencia do coordinador de protección civil local da Estrada cunha empresa que se lucra de adxudicacións públicas no sector da súa actividade, esiximos ao alcalde do PP José López Campos o inmediato cese deste traballador nas súas funcións.

 

O Sr. Carlos Failde é traballador do Concello da Estrada, e polo tanto empregado do sector publico.  Como todo traballador do sector público está sometido á lei de incompatibilidades, que recolle expresamente a prohibición de exercer á vez unha profesión do sector público e outra na empresa privada, cando o exercizo da actividade privada está relacionada de forma directa coa que desenvolve no departamento público, organismo ou entidade na que está destinado no sector público.

 

O desempeño da actividade privada do Sr. Carlos Failde como xerente dunha empresa adxudicataria nos últimos anos de varios contratos no ámbito do subministro e adaptación de telecomunicacións no sector das emerxencias e a seguridade pública, compromete claramente a imparcialidade e independencia do Sr. Failde como coordinador do grupo de protección civil local así como de encargado do grupo de emerxencias supramunicipais (GES), podendo ser manifestamente perxudicial para os intereses xerais.

 

O Sr. Failde, ademais, ocupa o cargo de coordinador de protección civil local e encargado do grupo de emerxencias supramunicipais (GES) por designación directa do alcalde José López, sendo unha decisión adoptada por decreto do alcalde. Os feitos descritos, e a súa clasificación como falta grave pola lei urxen o inmediato cese nas súas función do traballador municipal, así como a apertura dun expediente disciplinario.

 

Así mesmo, dende o grupo socialista esiximos a apertura dunha comisión de investigación para esclarecer:

– os procedementos de adxudicación de contratos municipais a esta empresa dende que o traballador foi designado coordinador local de protección civil (2011), 

– o coñecemento da dobre actividade do traballador no departamento municipal de persoal (entre 2000-2009 comercial da empresa en cuestión, de 2014 a actualidade xerente en dita empresa -información publicada polo propio traballar en redes socias)

– coñecemento da dobre actividade do traballador no departamento de contratación do concello

Grupo Municipal Socialista

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta