Unha unidade móbil do 30 aniversario de Erasmus+ desprazarase o día 19 á Estrada

A Estrada será unha das diversas localidades onde a unidade móbil 30 Aniversario de Eramus+ fará parada nos vindeiros días. A visita está prevista para o mércores día 19 en horario de 11.00 a 14.00 horas. O lugar da instalación aínda non está pechado, pero barállase entre a Praza da Constitución ou a Rúa Principal.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través desta actividade, ten como obxectivo dar a coñecer en profundidade o Programa Eramus+ e as súas distintas posibilidades entre os mozos de diferentes puntos de Galicia e dunha maneira práctica. Así levará a cabo unha labor de difusión durante unha semana en distintas localidades das catro provincias galegas.

Desprazarase por toda a comunidade unha unidade informativa rotulada con motivos relacionados co 30 aniversario de Eramus+ (de Erasmus a Erasmus+). A unidade móbil dará visibilidade ó programa, á conmemoración das súas tres décadas e servirá ademais para difundir diferente material informativo e publicitario sobre o programa.

Erasmus

É o programa integrado da Unión Europea para a Educación, Formación, Xuventude e Deporte. A iniciativa orixinal xurdiu en 1987 como un programa de intercambio que permitía que estudantes universitarios puidesen aprender e enriquecerse estudando no estranxeiro. Ó longo dos últimos 30 anos esta iniciativa foi ampliando o seu alcance e envergadura. Na actualidade, Erasmus+ ofrece un maior número de oportunidades tanto a persoas como a organizacións, dando a posibilidade de ir de voluntario ou aprendiz a países estranxeiros e cooperar en proxectos conxuntos. O Deporte tamén é unha parte fundamental de Erasmus+ e, ademais, hoxe en día o programa esténdese a países de fóra de Europa.

De feito, desde o lanzamento del programa Erasmus+ en 2014, dous millóns de persoas de tódolos ámbitos beneficiáronse das oportunidades que ofrece, tales como períodos de estudos, de prácticas ou voluntariado, adquirindo experiencia no estranxeiro. E durante estes últimos 30 anos participaron un total de cinco millóns de persoas.

Entre 2017 y 2020, Erasmus+ ten como finalidade brindar oportunidades a máis de dous millóns de persoas en toda Europa e no resto do mundo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta