Ana Bazal gaña o concurso fotográfico a ‘Estrada da Sidra’

 

 

 

 

 

Foto gañadora; ANA BAZAL

A primeira edición do concurso fotográfico A Estrada da sidra xa ten gañadores, un certame que está organizado pola Concellería de Turismo de A Estrada, dirixida polo edil Óscar Rancaño.

A primeira fotografía clasificada leva por título Descorche e a autora é Ana Bazal que recibirá de premio 500 euros. A segunda triunfadora é unha imaxe de Juan Rodríguez Pazos que nomea Culín e que se dotará con 350 euros. E o terceiro posto no podio é para a foto Sidra de Reinetas de Reynold Doforno que será galardoada coa cantidade de 200 euros.

O cuarto premio, que contaba con 100 euros, quedou deserto, xa que ninguén presentou imaxes realizadas cun dron.

A primeira edición deste certame foi ben acollida xa que dende o 22 de maio ó 10 de xuño (prazo vixente do concurso) presentáronse un total de 75 instantáneas. A temática establecida na bases foi a busca do espíritu da sidra, transmitindo a cultura que xira arredor desta e que está tan presente na Estrada, fotografando todo o relacionado con esta bebida e tendo como escenario o municipio estradense. O obxectivo deste certame non é outro que o de promover a Festa da Sidra, celebrada en xuño, así como todo o que ten que ver co seu proceso de elaboración, distribución e consumo, ademais, de tódolos axentes implicados neste proceso ancestral. A gran parte das instantáneas presentadas o concurso reflicten momentos da xornada da festa da sidra e tamén as que foron captadas en entornos naturais.

O fallo do concurso tivo lugar o pasado día 6 ás 17.00 horas e o xurado estivo composto por dúas fotógrafas profesionais e por unha representante da Concellería de Turismo. Neste caso as persoas encargadas do veredicto tiveron en conta diversos criterios como a calidade técnico-artística, a creatividade, o domino dos medios técnicos, os procedementos usados, así como o contido informativo.

A entrega dos premios terá lugar a vindeira semana

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta