Hoxe, día 1, abriuse o prazo para anotarse nas actividades de piscina para os maiores de 52 anos ou para os menores que teñan unha minusvalía igual ou superior ao 33%. O período para realizar a inscrición rematará o día 15 de setembro. A actividade, que ten un custe total de 20 euros por persoa, terá lugar entre o 2 de outubro e o 29 de decembro.Haberá un total de cinco grupos que contarán, cada un, con 12 prazas. Cada persoa admitida asistirá un día á semana durante 45 minutos.Os horarios serán:Os luns de 09.45 a 10.30 horas.Os mércores de 9.45 a 10.30 horas e de 20.00 a 20.45 horas.Os venres de 09.00 a 09.45 horas a 09.45 a 10.30 horas.Os interesados en anotarse deberán facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres e en horario de 09.00 a 14.00 horas. Terán preferencia as persoas que non participaron nas quendas anteriores, xa que houbo outras dúas durante este ano, e despois terase en conta a orde de rexistro da solicitude. Dende o departamento de Servizos Sociais afirman que esta iniciativa ten unha moi boa aceptación e sempre se cobren todas as prazas quedando persoas fóra.
Aberto o prazo para a actividade de piscina dos maiores
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































