O Concello da Estrada lembra que llega800 xestiona as incidencias na recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) causadas pola activación da tecnoloxía 4G no municipio e faino de maneira gratuíta para os usuarios. Esta empresa habilita un teléfono de atención gratuíto e unha páxina web á que poden recorrer tódolos usuarios para solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución dos problemas, de modo que poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias, chega para mellorar a velocidade de conexión a Internet, servizos de televisión baixo demanda, descargas de música, así como decenas de novos servizos que verán a luz os próximos anos para aproveitar o gran ancho de banda da tecnoloxía 4G, permitindo alcanzar velocidades de ata 150Mbps, velocidades que en moitos casos superan as actuais coas liñas fixas de ADSL.A prestación destes servizos xa tiveron lugar noutros países europeos como Reino Unido, Italia e Francia, supoñendo un avance en canto a servizos e prestacións para os usuarios e cidadáns.A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode levar á aparición de determinadas afectacións na recepción da sinal de TDT dos usuarios, debido a que se utilizaba anteriormente para o servizo de TDT.O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da orde IET/329/2015, do 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar este tipo de problemas, garantindo que as molestias ós cidadáns sexan mínimas e a súa solución gratuíta.Para solucionar ditas afectacións, no caso de chegar a producirse, os operadores móbiles confían na empresa, llega800, para resolver calquera tipo de afectación que poida afectar a calquera usuario de TDT e en calquera punto do territorio nacional que se vexa prexudicado por este motivo.O número de atención cidadá que é totalmente gratuíto é o 900 833 999 e tamén poden obter toda a información a través da páxina web www.llega800.es .Co fin de dar a coñecer a existencia dun número de teléfono gratuíto ó que poder recorrer, o plan de actuación acordado recolle a comunicación de maneira previa ó inicio da prestación dos servizos sobre as vivendas que potencialmente poden verse máis afectadas ó atoparse situadas entre as estacións radioeléctricas que incorporen estes novos servizos e os centros emisores TDT. Esta comunicación realizarase de forma individualizada mediante buzoneo e de maneira previa ó acendido, indicando tanto o teléfono gratuíto como a dirección da páxina web na que poderán obter toda a información.Ademais, sobre as zonas de cobertura das estacións base unha vez iniciada a prestación de servizos, atenderase calquera solicitude de afectación que presenten os cidadáns, sendo atendidas inmediatamente e coa máxima celeridade.Modo de actuarA entidade xestora ten dúas funcións principais: Primeiro, leva a cabo un procedemento preventivo antes do acendido dos nodos. E segundo se vaia acendendo cando nodo, iranse definindo as áreas de potencial afectación. Os usuarios destas zonas recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar a adaptación da antena no seu edificio para evitar posibles incidencias.E segundo, levan a cabo un procedemento correctivo despois do acendido dos nodos. A través das liñas de contacto reciben as incidencias dos posibles afectados e xestionase a solución das mesas cando procesa.
O Concello recorda a existencia do servizo gratuíto llega800 para solucionar os problemas ocasionados pola tecnoloxía 4G
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































