Un ano máis, a Estrada únese o día 1 de outubro ao programa Móllate polos ríos, iniciativa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), que está organizada por Proxecto Ríos. Esta será a X Limpeza simultánea e terá lugar en 46 municipios galegos. Na Estrada, a entidade local que está implicada con esta causa é a Asociación pola Defensa do Val do Liñares.Móllate polos ríos leva facéndose dende o 2008. Durante a xornada os voluntarios saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos ecosistemas fluviais. Outro dos principais obxectivos desta iniciativa é a concienciación social da cidadanía, transmitindo accións que contribúen á defensa da natureza.Os interesados en participar ou en obter máis información poden facelo a través do correo electrónico pacobanhobre@adega.gal, do teléfono 981 570 099, ou na páxina web www.proxectorios.org . Tamén poñéndose directamente en contacto coa Asociación pola Defensa do Val do Liñares.A iniciativa está promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, por Augas de Galicia e polo Instituto de Estudos do Territorio. Colaboran os concellos de A Coruña, A Estrada, Ames, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo e Tomiño.
A Estrada súmase o día 1 ao programa ‘Móllate polos Ríos’ no que participan un total de 46 municipios galegos
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































