Operarios do Concello traballan no acondicionamento dun tramo da rúa Serafín Pazo

Operarios do Concello traballan desde hoxe pola mañá no acondicionamento dun tramo da rúa Serafín Pazo, concretamente a zona que se atopa en fronte á Praza da Constitución (Praza do Concello). Tal e como apunta Juan Constenla, concelleiro de Obras e Servizos, o obxectivo é que esta actuación remate a finais desta semana, momento no que se restablecerá o tráfico.

Hoxe procedeuse ao levantamento de adoquines. “O pavimento tiña forma irregular, contiña fochancas  provocando unha inseguridade para os viandantes, polo que se vai levantar o adoquín e poñeremos un pavimento de formigón impreso de cor verde  que aportará maior seguridade, tanto para os peóns como para os vehículos que circulan por esa zona”, sinala Constenla.

Os pavimentos impresos de formigón melloran a resistencia e dureza do formigón e proporciónalle forma, cor e textura

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta