A Sala Abanca albergará o día 24 un curso de primeiros auxilios na caza e na pesca. Estará impartido por Manuel Martínez, xefe de garda do servizo de emerxencias, en horario de mañá de 09.30 a 14.00 horas. Esta actividade está organizada pola Concellería de Sanidade, pola S.D. Río Ulla e polo Concello da Estrada.
Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico sdrioulla@hotmail.com ou no teléfono 986 575 139 en horario de 19.00 a 22.00 horas.







































