XORNADAS DE AMIZADE E LETRAS DOS CLUBES DE LECTURA DO IES Nº1 no RC de A Estrada.
Hoxe martes nas instalacións do Recreo Cultural de A Estrada terá lugar unha XORNADA DE AMIZADE E LETRAS que levarán a cabo os CLUBES DE LECTURA do IES Nº1. Un dos Clubes estivo centrado na literatura cinematográfica, outro na narrativa e un terceiro adicado ao Teatro ( centrándose este na figura de Roberto Vidal Bolaño e asà asemade na creación dunha obra de teatro propia titulada VOCES A CAMBIO DE SINTONÃAS).
O PROGRAMA DESTA XORNADA será:
1)   Con PAN A LETRA TAMÉN VAI ( xantar de amizade)
2)   “ A SABER†( Informe de cada Clube de Lectura)
3)   “ PARA NON CAER NA RUTINA†( VALORACIÓNS DOS CLUBES E ASEMADE PROPOSTAS DE MELLORA PARA O NOVO CURSO.
4)   AGASALLOS DE AFECTOS E RECOÑECEMENTO
Os Clubes de Lectura estiveron organizados polo equipo da Biblioteca do IES e asà polas profesoras Beatriz Quintela e Pilar Bernardez. O Equipo de Normalización LingüÃstica, coordenado por David Otero, colaborou tamén nesta proposta que hoxe termina a súa andadura para o Curso 2012-13.



































