Como di o slogan turístico do noso concello “A Estrada, cada momento conta, naturalmente”, pois diso se trata esta nova iniciativa da revista dixital Catrogatos, captar momentos.
Este concurso vai dirixido a todos os aficionados a fotografía que posteriormente poderán ver as súas instantáneas expostas en locais hostaleiros da vila. Ademais o autor ou autora da fotografía máis valorada polo xurado do evento recibirá unha tarxeta de regalo de ACOE por valor de 50€ e un trofeo.
Todos os que queirades participar podédesvos inscribir no bar 20 berzas (Zona dos viños, Travesía de Ulla, nº 9), facendo efectiva a cota de inscrición de tan só 2€, antes do venres 21 ou de completar as prazas limitadas a 50 participantes. O concurso terá lugar durante a xornada do 26 de Xuño.
Podedes consultar premendo aquí todas as bases do concurso.
Así no lo presentaron a directora da revista dixital catrogatos, Aroa Martínez, acompañada de Reyes Cabero, colaboradora da mesma revista organizadora, e a edil Amalia Goldar.
Fotografías, Gravación e Redacción: Iria Eiras






































