OS SOCIALISTAS DA ESTRADA ANALIZAN CO DEPUTADO GUILLERMO MEIJÓN OS ORZAMENTOS DO ESTADO 2018 E PREPARAN AS EMENDAS

 

Dende que Mariano Rajoy é Presidente os estradenses perdemos 11´4 millóns de euros

 

O Deputado Guillermo Meijón levará ao Congreso peticións relativas á Variante da Estrada, á N-640, a N-525 e ao entronque da Estrada coa autopista AP-53 Santiago – Ourense.

Dicía Ana Pastor durante unha visita a Estrada en 2015 que “Mariano Rajoy lleva a Estrada en el corazón y en la cabeza”, pero nótase que non está disposto a levala na carteira, comentou irónicamente a portavoz socialista Belén Louzao. Dende que Rajoy é presidente os estradenses levamos perdidos 11.405.000 € con respecto ao proxecto da Variante da Estrada.

Analizando os orzamentos de anos anteriores e da proposta que o goberno fai para 2018 e concluíron que “o PP non ten interese algún por executar a Variante da Estrada, só se acorda dela cando é ano electoral. Ano a ano incumpre os seu compromisos coa Estrada coa complicidade do Alcalde José López. En 2015, ano electoral, o alcalde reafirmábase na promesa feita pola entón Ministra Ana Pastor de que fomento licitaría a variante no segundo semestre do ano, nin cumpriron entón nin o van facer agora, pois para un proxecto valorado en 48 millóns de euros consignar 1,5 millóns é unha burla”.

O Deputado Guillermo Meijón levará ao Congreso peticións relativas á Variante da Estrada, á N-640, a N-525 e ao entronque da Estrada coa autopista AP-53

Santiago – Ourense.

Grupo Municipal Socialista

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta