San Xorxe de Cereixo Volve a ser a capital rural Estradense

Un ano mais, Cereixo volve a ser a capital rural estradense co seu San Xorxe, xa que a súa advocación é a de protector tanto dos animais como das colleitas. 
O cartel de este ano adxúntocho no correo con tódalas actividades. Ademais engadirche varias cousas. O día da Carne recibe ese nome porque os devotos de San Xorxe lle entregan ao santo partes do porco (uñas, cacheiras…) ao santo, carne que será vendida nese dia. Tamén é tradición levarlle o millo e pasarlle a vara ao santo para protexer os animais. Esto será o domingo 29, o día grande. No concerto das 11:30 participarán, o Grupo de Acordeóns Os Lóstregos xunto ca banda de gaitas de Barbude e as voces dos coros de San Xulián de Vea, Santa Cristina de Vea, Paradela, Moreira, Curantes, Rarís, San Pedro de Ancorados, San Miguel de Castro, Tabeirós e San Paio, ademais das solistas Marietta, Erika Vidal e Cristina Cimadevila (concursante de Terras de Pontevedra no concurso Recantos de Luar TVG), mais de 150 músicos no escenario desta conxunción.
Na III xuntanza de asociacións temos confirmados concellos de Cuntis, Padrón, Lalín, Ribadumia, Santiso, Meis, Caldas, Pontecesures, Vila de Cruces, Valga, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo, Catoira e Negreira.
Sobre o xantar popular, dicir que hai que retirar os tikets con antelación (tinorería Punto Elegante) e que estará animado polo polo grupo estradense Os Ke Hai.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta