Unha vintena de persoas asistirán ao curso de acompañante de transporte e comedor escolar que arrancou está mañá

O curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado polo Concello da Estrada, arranca está mañá de Martes. A inauguración foi ás 09.00 horas  asistiu concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Óscar Durán. Será nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada.

No curso participarán 20 persoas, todas empadronadas no municipio estradense. É o segundo ano que se imparte.

A formación está dirixida a persoas en situación de desemprego da Estrada e forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello para o 2018, sendo unha das suxestións de cursos máis demandadas polos estradenses. Este curso, ademais da formación para capacitar ao alumnado para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, permitiralle obter o certificado de manipulador de alimentos. As clases, impartidas pola consultora Sinerxia, serán de carácter presencial, cunha duración total de 16 horas, divididas en catro sesións.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta