Os socialistas da Estrada compartimos a
petición social de maior transparencia e participación na elaboración
do proxecto de ampliación dos xardíns municipais – alameda.
“Trátase dun proxecto que implica gastar varios millóns de euros dos
estradenses e no que o alcalde José López e o seu goberno actúan
con total hermetismo e opacidade. Aos veciños e veciñas en ningún
momento se lles deixou expresar a súa opinión sobre como queren
que sexa, é necesario abrir un proceso de exposición pública do
proxecto posto que implica cambios de calado”, defendeu Louzao.
“Unha vez máis o alcalde José López actúa como se o concello fose a
súa casa particular e os millóns de euros que vai gastar fosen del,
esquece que como Alcalde debe gobernar para satisfacer os intereses
de todos e todas, non só os del e os dos seus amigos. Só sabe
gobernar impoñendo o seu criterio a golpe de decreto de ordeno y
mando, para el os demais non teñen ningunha razón válida”,
continuou a portavoz socialista.
Dende o comezo, os socialistas da estrada, defendemos que é
necesario escoitar distintas opinións, tanto técnicas como dos veciños
e veciñas. A reclamación social realizada nos últimos días para que se
convoque un concurso de ideas parece un camiño axeitado para que
os estradenses poidan elixir como queren que sexan os futuros
xardíns municipais da alameda entre varias propostas. Non podemos
compartir que o alcalde adxudique a dedo a elaboración do proxecto
a unha persoa que pode decidir sobre o que vai gastar a Estrada sen
tan sequera ofrecer distintas alternativas Cambiar o firme actual da
praza por formigón, facer montículos de terra a distintas alturas
separados por soleiras de formigón, tirar o peche ou mesmo retirar a
pérgola deben ser decisións sobre as que poidan decidir os veciños. É
______________________________________________________________________
Grupo Municipal Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
necesario dar participación nesta inversión millonaria ós técnicos que
o desexen para valorar máis posibilidades e sen dúbida dar
participación aos estradenses que serán quen teñan que pagar os
varios millóns de euros que vai custar, e seguramente ao longo de
varios anos.
Lamentamos o hermetismo e a total opacidade coa que o goberno de
Jósé López actúa neste tema, unicamente preocupado por ter unha
foto na campaña das vindeiras eleccións municipais sen querer ver
que A Estrada non é o seu corralito particular, se non patrimonio dos
estradenses. Unha vez máis queda claro que a opinión dos outros
partidos non lle importa nin a escoita, pero debería pararse e escoitar
agora que llo piden profesionais do sector e aceptar a petición dos
veciños de maior participación.
OS ESTRADENSES PAGAN E LÓPEZ IMPÓN O SEU CRITERIO CUN PROXECTO ADXUDICADO A DEDO
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































