As listas provisionais dos admitidos nas dúas escolas infantís da Estrada publicaranse o 9 de maio

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, reuniuse esta mañá con técnicas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar Social e con Rosa Montero, a directora da Escola Infantil Municipal. Estiveron revisando os expedientes e as solicitudes presentadas tanto para asistir á nova escola infantil da Estrada, que se enmarca dentro da rede A Galiña Azul pertencente ao Consorcio, como da Escola Infantil Municipal. Durante a asemblea comprobaron, tal e como se supoñía que hai duplicidade nalgunhas reservas, xa que hai persoas que solicitaron en ambas escolas.  Aquelas persoas que non entregaron toda ou correctamente a documentación terán un prazo para resolvelo. Recibirán individualmente unha carta para presentar o que se lles require.

 

A previsión é que o 9 de maio se publiquen as listas provisionais dos admitidos e as quendas, tal e como apunta a concelleira, das dúas escolas infantís. E seguidamente, abrirase un prazo de 10 días para presentar posibles alegacións. Calcúlase que as listas definitivas saían ó redor do 31 de maio. A edil considera que non haberá problemas para obter praza, e igual que acontece na Escola Infantil Municipal, tamén na nova escola A Galiña Azul onde hai maior demanda é nos cativos de 1 a 2 anos. Na escola do Consorcio presentáronse 57 solicitudes habendo unha oferta de 74 prazas, sendo 102 en total, a xornada completa, na Escola Infantil Municipal, nas que presentaron 58 solicitudes de novo ingreso.

 

Das demandas presentadas na nova escola, sita na Baiuca, ofertáronse 25 prazas de 1 a 2,; 39 de 2 a 3 anos e de bebés 8, habendo cinco unidades.

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta