A expropiación dos terreos para ampliar a Alameda será abordada o xoves no pleno do Xurado de Expropiación de Galicia

 

O xoves, ás 10.15 horas, terá lugar a celebración do pleno do Xurado de Expropiación de Galicia, en Santiago, no que se tratará o proxecto emanado sobre a expropiación de terreos para ampliar a Alameda, a única zona verde do casco urbano da Estrada. Asistirá o alcalde, José López, e haberá outros representantes de diversos organismos.

 

Tal e como explica o alcalde, José López, “ é o órgano que ditamina a valoración definitiva do proxecto expropiatorio”. Nese pleno, previo xa os informes dos técnicos realizados polo persoal do Xurado de Expropiación, determinarase o custe expropiatorio, se realmente se axusta ao que eles establecen ou non. “Supoño que farán un contraste da valoración realizada polo Concello e da reclamación feita polos propietarios, seguindo os seus criterios e farán unha proposta de valoración económica que se someterá ao ditame da aprobación do pleno”, explica López. Ademais, o rexedor engade que “en ningún caso o prezo pode ser inferior ao que fixa o organismo expropiante, aínda que a eles obteñan un resultado inferior, sempre se fixa, como mínimo, o que marca o expropiante, e como máximo o que pide o expropiado”.

 

O expediente de expropiación das seis parcelas necesarias para ampliar a alameda ata a rúa Castelao empezou a coller forma coa firma das actas de ocupación dos terreos o pasado mes de decembro. Os técnicos municipais estimaron o prezo total en 1.794.635,39 euros. Os catro propietarios dos terreos, non estiveron de acordo con esta estimación, e recorreron ao Xurado de Expropiacións de Galicia.

 

“Realmente, o que se vai fixar o xoves é o xustiprezo. A valoración faise en función da edificabilidade”, indica o alcalde.  En total expropiasen 4.671 metros cadrados

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta