Presentación dos libros “CAN VALENTÍN” e “ EN BRANCO E NEGRO”

O vindeiro venres día 11 de maio, coa proximidade das Letras Galegas, presentaremos, as 20:00h, no Museo do Moble e da Madeira de A Estrada (MOME) dous libros.

 

O evento estará presentado por Pablo García “Chichas”, acompañado polo escritor Pere Tobaruela.

 

O libro “CAN VALENTÍN”, no que se recollen as cartas de amor gañadoras da primeira edición do concurso do ano 2017, que leva o mesmo nome. Con este libro poderemos gizar das cartas manuscritas, coa foto do/a seu/súa autor/a, e o texto transcrito. Un xeito divertido de achegarse á visión que teñen os rapaces e rapazas dos diferentes tipos de amor e de como cultivan a escrita en galego.

 

E o libro “EN BRANCO E NEGRO”, do autor Pere Tobaruela. Neste libro editado por Baia Edicións o autor catalán afincado en Rois volta á novela de adultos e adopta a personalidade de Sara Martí, a protagonista, unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do réxime ditatorial na Guinea Ecuatorial despois da súa independencia, o desacougo dun amor frustrado… Mais non todo é negro na vida de Sara.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta