A escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada continúa coas representacións de final de curso dos tres grupos de alumnos deste ano.
Tras realizar a primeira exhibición o pasado venres día 7 coa obra “Amores e Crimes de Xan Panteira”, chega agora o momento dos máis novos que representarán “O Crebanoces” e “Romeo e Xulieta”.
Así no lo presentaron o director da escola municipal de teatro, Xosé Lueiro, acompañado dun dos actores xuvenís, Carlos rodríguez, que representará a Romeo, e o edil de cultura, Juan Constenla.
A representación da obra “O Crebanoces” realizarana o grupo infantil de teatro composto por Elena Carracedo, Mencía Vidal, Ángel Domínguez, Manuel Pérez, María López, Leila
Comojo, Mirian Núñez, Marcos Castro, Celia Astorga, María Porto, Saleta Lueiro, Uxía Mella, Giovanni Deidda, Alba Mato, Antón Lueiro, Laura Calvelo, Jesús Carbia. Será o domingo 23 ás 21:00 horas no Teatro Principal con entrada de balde ata completar aforo.
O turno do grupo xuvenil coa representación de “Romeo e Xulieta” chegará o martes 25 ás 21:00 horas no Teatro Principal, tamén con entrada de balde. Neste caso o reparto está composto por Irina Zamora, Natalia Carracedo,Carlos Rodríguez, Mónica Silva, Izan Fontenla, Saleta Vázquez, Antía Sala, Mª Carmen Sánchez, Silvia Iglesias, Celia Suárez, Paulo Brea, Sheila Carbia, Ángela Vinseiro, Mariña Pena, Inma Rodríguez, Guillermo Fernández, Diego García.
Fotografías: Mariana Dono
Gravación: Abel Eiras
Redacción: Iria Eiras






































