Con motivo da proliferación de festas que ten lugar ao longo do verán e da moita publicidade que
comporta, dende o Concello da Estrada lémbrase aos organizadores de eventos e ás distintas
comisións de festas que, a mala colocación de carteis e da dita publicidade, pode carrear multas de
ata 250.000 euros.
Recordan dende a Xunta, que queda prohibida a colocación de carteis ou publicidade de ningún tipo
nas beiras, estradas e marquesiñas, así como no mobiliario que se atopa nas inmediacións destas,
especialmente se obstaculizan ou impiden a visibilidade de sinais de tráfico ou elementos
indispensables para a salvagarda da seguridade viaria.
Advírtese deste xeito de que as autoridades autonómicas van comezar a sancionar este tipo de
práctica, considerada como unha infracción moi grave e que conleva sancións de 10.001 aos
250.000 euros; tal como figura na lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. As persoas
organizadoras dos eventos e os membros das comisións de festas correspondentes, serán os
responsables da infracción e quen tería que afrontar, en último termo, as sancións pertinente






































