Coas entradas esgotadas dende primeiras horas da mañá do martes, o Teatro Principal de A Estrada recibiu a Amancio Prada co patio de butacas completamente cheo.
E o cantautor non defraudou aos amantes da música e a poesía, neste concerto culto a Federico e Rosalía. Así llo demostrou o público posto en pé cunha afectuosa ovación durante cinco minutos que provocou o regreso ao escenario de Amancio en repetidas ocasións. Como agradecemento, Prada interpretou dúas pezas máis, implicando ao público na derradeira que o acompañou cun fermoso coro “¡Ay ruada, ruada, ruada da Virxen pequena e a súa barca!
Na foto principal, Amancio mostra a súa guitarra do ano 1841
Fotografías e Redacción: Iria Eiras






































