Para o BNG da Estrada este suceso é consecuencias dos recortes dos PP na sanidade pública. Non é de recibo que un PAC quede sen atender porque o único médico que había no centro de saúde ten que saír fóra a atender unha urxencia. Entendemos que un sucesos deste tipo ten que ter consecuencias políticas. Son decisións políticas as que deixaron o PAC cun só médico a cargo, e terán que ser os cargos do PP os que asuman politicamente as consecuencias duns recortes públicos que queda demostrado que matan.
Desde o BNG trasladaremos ao Parlamento Galego este grave suceso, que, a par de pedir as explicacións pertinentes, esixiremos, a través da deputada Montse Prado, que se diriman responsabilidades políticas.
Os veciños e veciñas da Estrada en xeral están indignados e indignadas por este suceso. Agardamos que o alcalde da Estrada encabece esta indignación e traslade á Xunta de Galiza e ao SERGAS a petición unánime de dotar o PAC da vila de mellores servizos e profesionais suficientes para atender as urxencias e os servizos xerais do ambulatorio. Isto non pode volver a pasar, nin na Estrada nin en ningún concello de Galiza.
—






































