A Rapa publica o segundo número de “ADN Sabucedo” e comeza a repartilo entre os veciños polo San Lourenzo

 O anuario da asociación volve ter unha tirada de 4.000
exemplares e distribuirase por toda Galicia
 Editado co apoio da Deputación e o Concello, conta con 60
páxinas a cor cheas de información sobre a Rapa 2018

 

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo

acaba de publicar o segundo número do seu anuario “ADN Sabucedo” e comezou na
xornada de hoxe coa súa distribución entre toda a parroquia aproveitando a asistencia
de centos de veciños con motivo da Festa de San Lourenzo, que conta co tradicional
xantar popular na Carballeira do Campo do Medio, o AloitaFest e outras actividades.
A revista volve repetir tirada con 4.000 exemplares, a mesma cifra que no anterior
número publicado en 2016, e vaise distribuir por toda Galicia nas vindeiras semanas e
durante o outono.
O exemplar contén 60 páxinas a cor e no mesmo inclúense, como contidos, unha
crónica da Rapa das Bestas 2018, información sobre os proxectos “Monte Vivo” e
“GOI Bestas”, reportaxes sobre o cabalo galego de monte, a vida en liberdade das
bestas, a desparasitación ou a presenza deste animal na arte, artigos sobre os
Irmandinhos –embaixadores da Rapa–, as probas ciclistas de Sabucedo, a famosa
ruta e o MUSA e Samaín, entrevistas con Jaione Camborda, Ignacio Vilar e Xurxo
Souto e diversas colaboracións literarias de veciños de Sabucedo, entre outros temas.
Ademais, a imaxe de portada de “ADN Sabucedo” recolle unha carreira das bestas en
liberdade nos montes da zona e foi tomada polo fotógrafo gaditano Daniel Acosta
Elorza, que precisamente volve estar estes días en Sabucedo para seguir coñecendo
a aldea e asistir ao AloitaFest e o San Lourenzo. Por este motivo, a asociación tamén
aproveitou para facerlle entrega dalgúns exemplares da revista en sinal de
agradecemento pola súa aportación.
A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo quixo amosar o seu agradecemento á
Deputación de Pontevedra e ao Concello da Estrada polo seu “imprescindible apoio”
para a edición deste segundo número coas tarefas de impresión e maquetación e
deseño. Ademais, vense de abrir contactos coa Axencia Turismo de Galicia para que,
ao igual que hai dous anos, asuma a distribución da revista polos principais puntos
turísticos e aloxamentos rurais da comunidade.
EDICION 2019
5-8 DE XULLO
O presidente do colectivo, Henrique Bazal, tamén quixo transmitir o seu
agradecemento “ás moitas persoas, veciños, investigadores, escritores, fotógrafos e
empresas anunciadoras” que fan posible esta revista e puxo en valor a saída á rúa
deste novo anuario: “Sacar adiante un proxecto, como é esta revista, é moi
complicado, pero volver a facelo é unha tarefa inxente da que todos debemos
felicitarnos, xa que supón que aquela idea que albiscamos para transmitir os nosos
valores consolídase e comeza a converterse en tradición”.
“Cúmprese un dobre obxectivo, xa que transmitimos a importancia dos cabalos
salvaxes para a natureza, o agro e o patrimonio galego e, ao tempo, obtemos
colaboracións e recursos para a súa preservación e coidado”, sinalou Bazal, que
engadiu que apostarase polo vindeiro anuario: “Xa nos vemos obrigados, e o facemos
con gusto, a ir a polo terceiro número e poñémonos a traballar desde xa, polo que
abrimos a colaboración a todos aqueles que amen e defendan á Rapa e a Sabucedo”,
indicou

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta