BELEN LOUZAO INFORMA Á SUBDELEGADA DO GOBERNO DE PONTEVEDRA DA SITUACIÓN DO CUARTEL DA ESTRADA

Os socialistas estradenses lamentan que o alcalde non fixera ningunha xestión ao respecto

 

. A portavoz do grupo municipal socialista da Estrada, Belén Louzao, mantivo un encontro informal coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba para trasladarlle a situación pola que atravesa o cuartel da Garda Civil na localidade.

 

A Subdelegada escoitou a situación trasladada pola voceira socialista e transmitiu unha mensaxe de tranquilidade para a veciñanza ao asegurar que a seguridade está garantida na localidade. Si recoñeceu que o déficit da plantilla destas dependencias é real e non pode negarse “polos continuos recortes acontecidos nos últimos oito anos de goberno do Partido Popular que o único que non repuxo nin unha soa praza vacante”.  

 

Louzao subliñou que a situación de A Estrada é algo común a moitos dos acuartelamentos da Garda Civil en Civil, como así o trasladou a Subdelegada, e que existe o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez de ir repoñendo efectivos en todos os Corpos e Forzas de Seguridade pero que se trata dun proceso longo e non inmediato.

 

A voceira socialista destacou que Maica Larriba trasmitiulle que a seguridade da veciñanza está garantida pola Garda Civil polo sistema de traballo, no que os efectivos de toda a comarca encárganse da vixiancia de todas as localidades da súa xurisdición.

 

Por outra parte, a voceira socialista criticou que o alcalde de A Estrada non tivera posto en coñecemento da Subdelegación a situación do cuartel da Garda Civil e que a nova Subdelegada fora informada polo grupo socialista a pesar de que o alcalde José López dixera que o ía facer el. “O alcalde fai unha deixación das súas funcións que é inaudita”.

Grupo Municipal Socialista

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta