A Galiña Azul recibe a visita do Concello na xornada de portas abertas

O alcalde da Estrada, José López Campos, visitou hoxe, acompañado pola concelleira de Educación, Amalia Goldar, e o concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, as instalacións da nova gardaría da Galiña Azul da localidade durante a xornada de portas abertas que ten lugar no centro de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

A raíz da visita, o alcalde celebrou o feito de que A Estrada se librase dunha vez por todas, despios de vinte anos, das listas de espera para poder matricular aos nenos, e que a día de hoxe “por fin, por primeira vez” non haxa lista de espera e tódalas familias poidan ter aos seus nenos matriculados nunha ou noutra gardaría.

Aínda que o proceso de matrícula xa está pechado para os rapaces que se incorporarán o 16 de outubro, a coordinadora da Escola Infantil Municipal, Vanessa Loureiro García, anima aos pais a que sigan entregando solicitudes de admisión no propio centro para os períodos extraordinarios de novembro e febreiro ata o 30 de novembro, día no que se pecha o prazo para que os nenos poidan entrar á gardaría o 1 de febreiro.

Entre conversas distendidas con pais e familias que visitaban o lugar nesta xornada de convivencia, López eloxiou a amplitude,  luminosidade e calidade das instalacións da escola mentres os nenos paseaban, experimentaban e establecían un primeiro contacto cos xoguetes e instalacións que os acompañarán durante o ano lectivo.

Trala visita á escola, o persoal do Concello aproveitou a ocasión para ollar o progreso das obras de construción do novo centro de saúde, do que o alcalde asegurou que avanza a bo ritmo, coa primeira placa de cimentación xa terminada, con abundancia de operarios e nunha obra na que lle consta que a empresa concesionaria está a contar con empresarios locais á hora de realizar determinados traballos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta