ASISTENTES
Dona Guadalupe Porto Gañete
Dona María Nieves Soutelo Vázquez
Dona Rosalía Morlán Vieites
Don David Otero Fernández
Dona Dolores Araújo Arias, secretaria
ORDE DO DÍA
- Escolla do poemario gañador da XXII edición do Premio de Poesía Avelina Valladares.
ACORDOS
- Unha vez lidos os orixinais presentados, selecciona por maioría, como gañadorado XXII Premio de Poesía Avelina Valladares, o presentado baixo o lema “No interior do vento” que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de D Jorge Alonso García, no que o xurado destacou que se trata dun poemario cun interesante uso da linguaxe onde a explosión expresiva persegue a coherencia. Harmonía a diferentes ritmos onde a singularidade motiva a construción comprensiva dende a diversidade temática dos poemas e na que os versos demandan a complicidade lectora. En resumo, un vento con contido para que a lectora e o lector sexan quen de lle dar a forma precisa.
- Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión e eu redacto esta acta como secretaria.
A secretaria As/os asistentes






































