O BNG alerta do perigo dos novos contedores de lixo mal ubicados

O BNG quere facer públicas as queixas de moitos veciños e veciñas sobre o perigo que significan algúns dos novos contedores do lixo no casco urbano, debido á súa inapropiada ubicación.

Diante destas queixas o BNG comproba que efectivamente algúns destes «artefactos» ademais de antiestéticos dabondo, están situados en puntos onde, debido ademais ao seu tamaño, dificultan a visibilidade que precisan coches e peóns para desprazárense libres de riscos de choque ou atropelo.
Riscos que consideramos remediables. Só fai falla que o goberno do concello poña vontade para facer as cousas de maneira racional.

Para o BNG non é nada novo. Son dinámicas ás que o goberno do PP nos ten acostumados, pois este problema tamén ocorre nalgúns puntos do rural.

Por este motivo o BNG insta ao goberno do sr. López a que faga un recoñecemento destes contedores para cambialos de sitio antes de que se poida producir algún accidente do que haxa que arrepentirse.

— 

BNG da Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta