Mañá presentarase no Museo do Moble e da Madeira (MOME) ás 20:00 horas a vixésimo primeira edición da Miscelánea histórica e cultural da Estrada. Unha publicación que conta con achegas de distintos colaboradores co fin de axudar a recuperar e preservar a memoria e identidade da vila.
O director do Museo Manuel Reimóndez Portela, Juan Andrés Fernández será a persoa encargada de dirixir o acto de presentación dunha miscelánea que nesta edición xunta traballos de 15 autores que pretenden difundir o coñecemento, a cultura histórica e a conciencia social e identitaria estradense.






































