Concello, ACE e ACOE aproban por unanimidade a entrada dunha nova empresa ao Viveiro

O Concello da Estrada, a Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) e a Asociación de Comerciantes (ACOE) aprobaron hoxe por unanimidade a entrada dunha nova empresa ao Viveiro. A aceptación produciuse despois de avaliar os diferentes criterios empregados para valorar a entrada de novas incorporacións.

A nova empresa do Viveiro, Instaclima G.M, adícase á instalación de condutos de aire e, segundo se  explicou trala valoración, posúe a intención de contratar a arredor de 30 traballadores orientados a ese perfil de montador de condutos de aire acondicionado. Un perfil que lles está custando atopar, pero que está a xerar postos de traballo.

Ademais, tamén se explicou que esta nova incorporación posúe contratos cunha gran empresa téxtil, e que os traballadores que se unan a ela terán que estar dispostos a desprazarse como montadores ás localizacións onde esa compañía vaia a realizar novas aperturas das súas tendas.

Paralelamente á resolución, o concelleiro de Emprego, Óscar Durán, informou de que a partir da vindeira semana abrirase un novo prazo de convocatoria para optar a ocupar os tres espazos do Viveiro de Empresas que están vacantes a día de hoxe. As condicións de acceso serán as mesmas que para os que xa ocupan as instalacións, que teñen servizos de reprografía, luz, calefacción, teléfono, Internet e limpeza por unha tarifa de 50 euros mensuais, a máis competitiva da contorna.

Estas tres prazas quedaron vacantes ao esgotarse o tempo de estadía máximo de dous anos de dúas das empresas e a saída voluntaria de outra, que se viu o suficientemente afianzada como para establecerse por si mesma.

As empresas que ocupan actualmente o Viveiro de Empresas son moRentals, En 2 Detalles, Coaching Co-Razón, Ibuprofeno Teatro, Actualizados Comunicación, Central Científica Galega e a avogada Andrea Arias Mato.

No caso de que existan máis solicitantes que prazas dispoñibles entrarán a formar parte do Viveiro aquelas que acaden as mellores puntuacións de acordo aos criterios de avaliación establecidos.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta