As obras na Praza da Constitución obrigan a modificar o trazado do desfile da Santa Compaña do Festival Panic. A comitiva sairá da Praza do Campo da Feira e terá como novo destino a Praza do Mercado.
As persoas interesadas en formar parte da comparsa poderán acudir a partir das 17:00 horas ao punto de saída para seren maquilladas ata que ás 19:30 horas se produza o comezo do desfile, que estará amenizado tamén por cabezudos e zancudos.
Ao final do mesmo, alumnos da escola de baile e do ximnasio Absolut Centro Wellness escenificarán dúas coreografías, que cada grupo está a preparar estes días, durante a actuación do grupo Broken Peach.






































