
O Concello da Estrada celebrará o vindeiro martes, 19 de febreiro, ás 13:00 horas, unha mesa de negociación para aprobar as bases do Plan de Emprego vinculado ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, segundo informou hoxe o Concelleiro de Facenda, Alberto Blanco.
Sentados á mesa estarán representantes do Consistorio e dos sindicatos, reunidos para aprobar unhas bases que permitirán contratar a 20 persoas en situación de desocupadas, previamente inscritas como demandantes de emprego nalgunha das categorías solicitadas. A duración dos contratos será de nove meses, dende o 1 de abril ao 31 de decembro do presente ano.
A subvención concedida pola Deputación a efectos da contratación ascende a 362.861,10 euros, que permitirán ao Concello contratar 3 conserxes, 6 varredores, 3 limpadores, 4 peóns forestais, 4 peóns de obras públicas, 4 axudantes de albanelería, 2 axudantes de pintura e 2 axudantes de electricista.






































