O BNG denuncia o estado de descontrol no que se atopa o punto limpo

Unha vez máis o abandono deste goberno do PP maniféstase en moitos servizos que debería prestar aos veciños e veciñas nunhas condicións minimamente normais e non é así.

Onte desde o BNG comprobamos a veracidade das queixas dalgunhas persoas que nos informaban de que o punto limpo estaba aberto de par en par, sen ningún control por parte dalgún traballador ou traballadora responsable do seu funcionamento.

Ademais diso nas inmediacións da entrada ao recinto aparecen restos de mobles, unha cadeira de coche para nenos, sen contar as moreas de restos podres durante meses e meses diante do matadoiro. Un panorama que di moi pouco do goberno que padecemos.

A cuestión deste estado de cousas pode ademais traer consecuencias imprevisibles xa que non é o primeiro accidente que se produce en construcións abandonadas ou  coma neste caso en instalacións que poden inducir a algunha persoa a ir á busca de restos nos contedores de metal, mobles etc co perigo dunha caída, ferida etc continxencias das que despois non vale arrepentiras.

Desde o BNG queremos dicirlle ao alcalde que aínda que a partir de maio non sexa goberno, até daquela é goberno en funcións e polo tanto ten que exercer.

— 
BNG da Estrada

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta