O Concello da Estrada propón adxudicataria provisional da zona de xogos da Alameda

O Concello da Estrada propuxo hoxe como adxudicataria provisional para a construción da zona de xogos da Alameda á empresa Globalia Urbanismo Integral de entre as tres que concorreron ao proceso, segundo informou o alcalde, José López Campos. Os factores que tiveron máis peso na elección foron a integración tanto de composición como estética na zona da Alameda e co edificio do Concello; o período de mantemento, ao que Globalia engadiu 60 meses aos 24 esixidos pola corporación local e o respecto polas áreas de protección de cada elemento cos demais e co mobiliario da Alameda, un aspecto moi penalizado nas outras candidaturas. Ademais, a empresa adxudicataria provisional inclúe unha baixa económica de 24.000 euros, situando o presuposto nos 216.000 euros fronte aos 240.000 orzamentados para o proxecto. Dúas das empresas, entre as que se atopa a adxudicataria provisional, presentaron unha temática espacial, fronte á temática de monstros da restante. Entre os elementos a instalar cóntase unha tirolina de 30 metros de lonxitude e dúas pirámides de corda de 5 metros conectadas mediante unha pasarela. Na zona destinada aos máis pequenos instalarase un cohete do que sairán varios tobogáns pechados.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta