Rodeiro de Tapas volve ás terras de Camba os días 10, 11, 12, 17, 18 e 19 de maio, nesta ocasión coa participación de oito locais. Os bocados poderanse probar nos establecementos: Restaurante Latiza, Bar Desito, Pub Quirós, Casa Sánchez, Gallaecia, Cabalos do Faro, Bruxas e Coruxas e Casa Achacán.

O xefe de cociña do Hotel Talaso Atlántico, o estradense Javier Fins, é o asesor desta edición da cita gastronómica. As tapas, elaboradas con produtos típicos de Rodeiro, manteñen o prezo de 1,50 euros. Haberá un sorteo de premios para os establecementos hostaleiros participantes e tamén para os clientes.
Haberá locais que só servirán as súas propostas pola noite, pero, en xeral, os horarios serán de 13.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas.






































