• O recinto feiral estradense, celebrará esta fin de semana un triple evento que ocupará mais de 11.400 m2 de superficie expositiva. Catro pavillóns con máis dun centenar de firmas expositoras.

• Na xornada do domingo, daránse cita no recinto feiral, preto dun centenar de palilleiras e unha mostra de fiado tradicional. O 7º Encontro de Palilleiras conta co patrocinio directo de prestixiosas firmas colaboradoras, entre institucións públicas e empresas privadas do sector textil.
• Pontevedra e A Coruña respectivamente, son as provincias galegas maiormente representadas, cun 44% e un 36%. Ourense e Lugo, contibúen co 10% e o restante 10% son firmas nacionais e portuguesas.
• O recinto feiral sorteará dous vales de compra e duas ceas para dúas persoas entre todos os asistentes. Esta fin de semana, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, celebrará a 3ª Feira Multisectorial Expoestrada, a 59ª Feira de Antigüidades e Artesanía, a 1ª Feira da Xuventude e o 7º Encontro de Palilleiras. O recinto feiral permanecerá aberto en horario ininterrumpido de dez a veinte horas, sendo o custe simbólico da entrada un euro e a mesma será válida para ambos os días e para os tres certames. Os pavillóns tres e catro do recinto feiral estradense, albergará a nova aposta da entidade, realizada en colaboración coa Asociación Local Ocionautas:
1ª Feira da Xuventude. Este certame, contará con corenta e cinco firmas expositoras e co patrocinio directo da Dirección Xeral da Xuventude, Participación e Voluntariado e do Excmo. Concello de A Estrada. A mostra está directamente vencellada co turismo, ocio, deporte, xuventude, tempo libre, educación, emprego, cultura, benestar, etc… e abarca disciplinas tales como: Airsoft, ocio alternativo, videoxogos, deporte inclusivo mixto, deporte minoritario, hip hop, artes visuais e escénicas, jugger, kimchimochi, ilustración, deseño, patinaxe, deportes de mesa, xogos de rol, fotografía, modelismo, radio control, etc… Este certame conta coa participación e aval de ACNUR, OIJ, Xunta de Galicia, USC, etc… Perante os dous días de celebración, desenvolveráse un amplo programa de actividades. É ésta unha experiencia integral e un espazo de convivencia con formato expositivo para potenciar iniciativas e proxectos emprendedores. O pavillón cinco do recinto feiral, estará ocupado por un total de vinteunha firmas relacionadas co mundo textil, calzado, labores, artesanía, tapicería, colchonería, menaxe, complementos, etc…
O domingo, o recinto feiral, habilitará un espazo neste mesmo pavillón para dar cabida a preto dun centenar de palilleiras e unha mostra de fiandeiras. Pola súa banda, o pavillón seis, estará íntegramente adicado ao mundo das antigüidades, dando cabida a un total de vintesete firmas. Na xornada do domingo, daránse cita no recinto preto dun centenar de palilleiras e fiandeiras, chegadas da nosa Comunidade Autónoma e pertencentes a quince asociacións e particulares. As Asociacións locais de Codeseda, Nigoi, San Xurxo de Vea, San Miguel de Castro, tamen estarán presentes. O 7º Encontro de Palilleiras, conta co patrocinio directo das seguintes firmas colaboradoras: Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Pontevedra, Axencia Galega de Turismo, e Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño. En canto ás empresas privadas do sector textil, unha nutrida representación das mellores, colaboran directamente co certame, aportando en especie material promocional. Dentro destas cabe destacar: Salvador Figueras S.A., Manos Maravillosas, Alternativas Publicitarias S.L., Creaciones y Distribuciones Textiles Texper, S.L., etc… No referente á procedencia dos expositores, o 44% son da provincia de Pontevedra, o 36% de A Coruña, seguida de lonxe polas provincia de Ourense e Lugo cun 10%. O 10% restante chega procedente do resto España e Portugal. O recinto feiral sorteará entre todos os asistentes dous vales de compra e dúas ceas para dúas persoas. Os sorteos celebraránse o sábado as vinte horas e o domingo, ás dezanove horas no pavillón cinco. Os sorteos serán públicos. Este triple certame, será a antesala da 32ª Feira do Moble de Galicia, que se celebrará do 18 ao 22 do vindeiro mes de setembro.






































