

Na mañá de onte o alumnao do Ceip O Foxo mantivo unha saída a Portonovo co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, co programa «O sabor da aventura está no mar», dentro do proxecto Aliménta-t Ben. O obxectivo é fomentar o consumo de peixe entre o alumnado e familiarizarse coa a arte da pesca.
A saída consistíu na visita á lonxa de Portonovo (como se subasta o peixe, peixes e mariscos da lonxa, etiquetas das caixas de peixe…), porto (arte de baixura, redes, nasas,…), praza de abastos da mesma localidade e degustación de produtos mariñeiros (ensalada de pescada, empanada de raia e iogur).






































