O Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural A Estrada acada o 88 por cento de inserción

A Fundación Cultural A Estrada está a xestionar o cuarto Programa Integrado de
Emprego “A Estrada Activa IV” subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego
e Industria e cofinanciado pola propia Fundación. Nesta edición, que se puxo en
marcha o 2 de novembro de 2018 e que rematará o próximo 31 de outubro de 2019,
estase a traballar con 100 persoas de diferentes colectivos e perfís.
Esta edición continúa coa mesma liña de traballo de anos anteriores xa que reportaron
e están a reportar resultados satisfactorios.
Nestes meses que levamos deste programa realizáronse diferentes actividades
formativas tanto a nivel individual como colectivas. Así, ao comezo do programa
realizouse un diagnóstico ocupacional de cada un dos participantes para coñecer os
seus perfís profesionais e, en base a eles, axudarlles a elaborar currículums específicos
para cada posto. Para iso desenvolvéronse sesións seguindo técnicas de coaching
grupal e individual.
Realizouse formación en prevención de riscos laborais, sesións de coaching a nivel
grupal e individual, obradoiros de entrevistas, informática básica, manipulador de
alimentos, información e asesoramento da experiencia profesional, inglés e talleres
para a procura de emprego, entre outras actividades. Por outra banda, as persoas
inscritas neste programa poden completar o seu CV cunha plataforma de formación en
liña na que se ofertan máis de 600 cursos.
O programa continúa coas accións individuais de todos os participantes, coa
realización de visitas a empresas e co sistema de intermediación laboral levado a cabo
desde a Fundación Cultural A Estrada, que permite adaptar a oferta á demanda
laboral.
Froito deste traballo no que levamos de proxecto, acadouse un índice de inserción ao
mercado laboral do 88 %, iniciando 2 persoas participantes o seu propio proxecto
empresarial apoiándose no asesoramento en materia de emprendemento que se lles
facilitou.
Un total de 88 das 100 persoas que iniciaron este programa integrado de emprego se
incorporaron ao mercado laboral en empresas de diferentes actividades, como a
limpeza, o aluminio, a hostalería, o comercio, a administración, a fábrica, as
telecomunicacións e a asistencia telefónica, entre outros. 46 persoas usuarias
traballaron por conta allea alomenos 3 meses, estando en expectativa de acadar ese
período mínimo outras 7 máis en vindeiras datas. Cabe subliñar que desde o inicio do
proxecto destas 46 persoas, 22 traballaron alomenos 6 meses.
PROGRAMAS
DE EMPREGO
DE GALICIA
INTEGRADOS
Nas últimas datas producíuse un incremento na inserción laboral e na renovación de
contratos das persoas usuarias do programa que agardamos supoñan un aumento
importante nas cifras anteriormente dadas, de aquí á finalización do programa. Cabe
subliñar que o obxectivo mínimo que se marcaba neste programa era do 35% de
persoas usuarias que traballaran alomenos 3 meses durante o ano de duración do
mesmo.
COLECTIVOS DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO A ESTRADA ACTIVA IV
—————————————–
– Persoas con discapacidade
– Persoas en risco de exclusión social
– Menores de 30 anos
– Persoas desempregadas maiores de 45 anos
– Persoas desempregadas perceptoras de prestacións
– Persoas desempregadas de longa duración
– Mulleres
———————

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta