O PSOE AFIRMA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA “CONTINÚAN COA PARÁLISE NA QUE SE ATOPA A ESTRADA”

AUTOVIA AG-59 SANTIAGO-A ESTRADA

O PSOE fixo unha valoración do proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia
para 2020. Os socialistas consideran “continúan coa parálise na que se
atopa A Estrada”. Ademais táchanos de “insuficientes para avanzar nas
necesidades máis urxentes do noso Concello”
López Bueno opina que “o investimento na AG-59 é raquítico, e é unha declaración de
intencións de que non a teremos a curto prazo. Dous millóns de euros representan unha
ínfima parte do orzamento que se precisa para actuacións de calado no ano 2020” e
lamentaba que “non veremos avances significativos no vindeiro ano, e tampouco veremos
un metro máis de autovía”. Considera que a dotación do orzamento “é unha nova
preocupante porque dela depende a recuperación da nosa industria”.
O voceiro socialista tamén valorou outros investimentos que prevé o orzamento da Xunta,
“Augas de Galicia si que parece un pouco máis preocupada polo noso concello, seguramente
pola ausencia case total de traídas e saneamentos”. Aínda así, foi crítico cos investimentos
previstos: “Outros concellos próximos e da mesma categoría gozan de 3,6 millóns de euros
para saneamentos, mentres que A Estrada, con 400 núcleos de poboación, non recibirá
ningún investimento para iso. A traída do Umia é unha actuación necesaria, pero cómpre ser
máis ambiciosos e construír tamén ese tipo de infraestruturas noutros puntos do concello”.
López Bueno sentenza que “os investimentos que prevé a Xunta para A Estrada son
insuficientes. Son outra mostra de que López Campos carece de capacidade para atraer
investimentos da Xunta que resolvan os problemas dos veciños e das veciñas do noso
concello. Noutros concellos semellantes ao noso recibirán 5 millóns de euros de investimento
fronte ao nosos escasos 2,6. Ademais, eses investimentos irán destinados a actuacións en
Polígonos Industriais, en saneamentos, e noutras áreas nas que A Estrada tamén está
necesitada”.
Os socialistas indican que “elevaremos propostas para que o grupo parlamentario do PSdG
propoña emendas a estes orzamentos. Solicitaremos aquelas actuacións que realmente
demandan os estradenses”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta