O BNG insta ao alcalde a mellorar a accesibilidade dos locais electorais

O BNG da Estrada,a través da súa voceira, Susana Camba, ven de denunciar os problemas de accesibilidade aos locais electorais do noso concello.

A concelleira nacionalista explica que “por exemplo a falla de acceso ao local de Ribeira segue igual que hai meses en que as persoas afectadas, en concreto, unha persoa en cadeira de rodas e a súa familia, xa denunciaran publicamente o asunto”.

O BNG ademais quere facer constar que “este problema existe en máis locais públicos do rural, como por exemplo en Santa Mariña, que na maioría dos casos cumpren tamén a función  de centros sociais”. “O peor,” afirma Susana Camba, “é que para máis despropósito todos estes problemas poderían arranxarse con actuación pouco complicadas e poucos custosas”.

A voceira do BNG, reitéralle por enésima vez ao Alcalde “a súa obriga de velar polos servizos dos seus veciños e veciñas, algúns tan básicos como os que permiten a integración social en igualdade de condicións”.

“Actúe e deixe de gastar o erario público en obras para a galería e o malgasto”, afirmou a concelleira do BNG.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta