ACTIVIDADES;
– Faladoiro «A violencia de xénero diante da Xustiza» a cargo da Xuíza María Paz Filgueira, experta en violencia de xénero, o venres 22, ás 20:30 h no MOME
– «Instalación lilá» para a lembranza das vítimas no que vai de 2019, preparación o domingo 24 a partir das 18, precolocación o luns 25 a partir das 18 nas árbores e mobiliario urbano nos xardíns e contorno do concello
–Concentración diante do Concello e finalización da instalación colocando os nomes das vítimas nos seus lazos,Luns 25, ás 20:30
– Faladoiro «O CIM e a atención ás mulleres na nosa comarca«, a cargo das técnicas do CIM da Estrada
Mércores 27, ás 20 h no MOME
Así mesmo desde o CFDT facemos un chamamento a participar en todas as actividades que se organicen e en particuplar na Concentración que organiza o Concello da Estrada ás 20 horas o 25N.






































