O recinto feiral estradense, pechaba onte á noite o 7º Salón Motor
Classic e a 60ª Feira de Antigüidades e Artesanía. Ambos certames,
poñían o colofón ao calendario feiral do recinto para o presente ano.
A resposta por parte do público foi satisfactoria. Neste senso, á media
tarde do domingo, o recinto feiral estaba moi concurrido, superando en
afluencia de visitantes á xornada do sábado. A resposta do público,
animou aos expositores e refrendou as expectativas do equipo
organizativo. Polo tanto, os resultados deste doble certame estradense,
foron positivos no referente a número de firmas expositoras e de
visitantes.
En canto ás vendas, a variedade e calidade do producto exposto,
incrementou éstas. O 56% dos enquisados, alegaron ter mercado algo
dentro do propio recinto feiral. O 20% dos enquisados, manifestan ter
realizado algún tipo de compra no comercio local estradense.
As provincias de Pontevedra e A Coruña, foron as que maior volume de
visitantes aportaron ao certame (55% e 33% respectivamente), seguidas
das de Ourense e Lugo. O 42% do público, manifestou ser a primeira
vez que visitaba a mostra, o que pon de manifesto o tirón do Salón Motor
Classic e da propia Feria de Antigüidades e Artesanía.
7º SALÓN MOTOR CLASSIC/60ª FEIRA DE
ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA
(14-15 Decembro 2019)
O 89% manifestou estar satisfeito coa cantidade de firmas presentes, e
o 94% , satisfeito coa calidade do producto exposto. A diferenciación en
áreas temáticas, foi algo moi valorado tanto por parte do público
asistente como por parte das firmas participantes.
O 90% dos visitantes enquisados, manifestaron a sua intención de voltar
ao certame en vindeiras edicións. Este dato, pon de manifesto a vixencia
e o tirón mediático da mostra estradense.
Igualmente salientable, é o impacto socioeconómico xerado no entorno
que como xa ven sendo tradicional, deixase sentir maiormente no sector
da hostelería e nas estacións de servizo locais. O 34% dos enquisados
manifestaron ter acudido a algún restaurante local e o 65% alega ter
usado algunha gasolineira, bar ou cafetería local.
Satisfactoriamente e contando unha vez mais co incondicional respaldo
do público, o recinto feiral estradense, pechou o certame, dando por
rematado o seu calendario feiral 2019







































