O programa A Estrada Baby Box suma 51 solicitudes

Entre as propostas electorais do equipo de goberno estradense estaba a de concederlles aos recén nacidos unha caixa con artigos de coidado e hixiene persoal, unha iniciativa enmarcada dentro da campaña A Estrada baby box que se puxo en marcha no mes de novembro pasado.

 

Neste senso, Amalia Goldar, responsable da área de Benestar Social, informa que a 31 de decembro as solicitudes para beneficiarse desta campaña acadaron o número de 51. Un programa que segue aberto para todos os que queiran facer uso del e que xorde como unha medida para fomentar o empadroamento e loitar contra o descenso demográfico.

 

A concelleira sinalou estar moi satisfeita dos resultados acadados e encadrou esta proposta dentro dunha iniciativa transversal a carón doutras como o programa socio-educativo Espazo Concilia A Estrada ou do de Atención Temperá que promove a inclusión social, a saúde e a igualdade entre os menores de 6 anos. Toda esta xeira de iniciativas, ademais do servizo que prestan as dúas escolas infantís de titularidade pública que hai no municipio fan que as familias estradenses poidan afrontar do mellor xeito o reto da maternidade.

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta