O PSOE PÍDELLE SERIEDADE A LÓPEZ CAMPOS NAS SÚAS DECLARACIÓNS SOBRE O PROXECTO DE URBANIZACIÓN NA AVENIDA DE PONTEVEDRA

O PSOE toma con cautela as afirmacións de José López
respecto das datas nas que se comezarán a licenciar as obras no proxecto
de urbanización da avenida de Pontevedra. López Bueno recordou que “a
credibilidade de López Campos sobre este proxecto é cero. En marzo de
2018 o alcalde declarou en prensa que as obras comezarían ese mesmo
ano, logo estas declaracións non teñen credibilidade ningunha”.
O voceiro socialista critica a xestión do proxecto, “é evidente que se trata
dun proxecto engorroso de xestionar, pero tampouco se trata dun
desenvolvemento novidoso, se non que o procedemento está regulado e é
moi claro. Estas mesmas xestións realízanse de forma moito máis áxil
noutros concellos, polo que hai que preguntarse por que o goberno non é
capaz de emular o saber facer que hai noutras administracións locais”.
Dende o PSOE pídenlle ao rexedor “contención nas declaracións” porque “a
súa ansia por tapar as carencias do goberno fai que anuncie actuacións e
despois incumpra o prometido”. Recoméndanlle que “saia menos nos
medios e traballe máis para os veciños e veciñas, como facemos os
demais”.
López Bueno cre que “sen entrar na reputación que ten a antiga Bogaris
Retail e a pesar da lentitude na xestión do goberno municipal, non é unha
mala nova que se leven a cabo desenvolvementos urbanísticos privados na
Estrada. Ademais, e pola natureza desta operación o Concello faise con
unha porción de terreo que se poderá destinar a infraestruturas que
melloren os servizos que gozan os veciños e veciñas”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta