O MOME acollerá obradoiros de emprendemento rural sostible

cartaz xenerico obradoiros 2013Os días 11 e 12 de setembro celébrase en A Estrada un obradoiro de emprendemento rural sostible organizado por A Cova da Terra.

A asociación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, organizan este obradoiro dentro do programa: De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio. O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.

O obradoiro celebrarase no MOME (Avenida Benito Vigo, 92-baixo, A Estrada) con horario de 16:00 a 21:00. É unha actividade de balde, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada. As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa. Poden encontrarse más detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de inscrición na dirección web: http://deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es/ ou na Cova da Terra 982 230 211 – 698 161 760, www.covadaterra.org.

Detállase o programa a continuación: 

DÍA 1:

16:00 Presentación

16:30 Relatorio. Por que eco, por que local, por que xusto?

17:50 Presentación da guía “Como facermos un rural xusto e ecolóxico”

18:00 Receso

18:30 Relatorio: Os recursos locais

19:00 Dinámica: Sementando e madurando iniciativas no rural

DÍA 2:

16:00 Experiencia de éxito convidada

17:00 Dinámica: Viaxe virtual polas experiencias de éxito da guía.

18:00 Partes dun Plan de Empresa

18:30- Receso

18:50 Dinámica: As pedras do camiño, identifica-mos problemas e posibles solucións.

19:40 O modelo cooperativo

20:00 Formas de financiamento alternativas

20:30 Avaliación

Redacción: Alcaldía de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta