O BNG urxe ao goberno de López a que esixa a Fomento unha solución á saída da N-640 dirección a Vinseiro.

O BNG da Estrada trasládalle ao sr. López unha vez máis a situación na que se atopa a incorporación da PO-2016 á N-640 e viceversa, a saída da nacional en dirección a Vinseiro.

Susana Camba, voceira da formación nacionalista lémbralle ao sr. López a súa obriga, non só de poñer en marcha actuacións para resolver problemas cando son da responsabilidade do seu goberno, senón tamén, cando non é o caso, a de trasladarllos ás administracións correspondentes, amosándolles os prexuízos que lle causan á veciñanza, esixindo que se lles dea solución.

Este é o caso da saída da N-640 á PO-2016 para dirixirse a núcleos das parroquias de Vinseiro, Cereixo, Lagartóns e Guimarei.

Calquera que baixe pola Rúa Fernando Conde e pretenda ir en dirección a algún destes lugares só ten dúas alternativas : unha, baixar pola recta dos Bolos e apartar por unha travesía con un firme estreito e con mala visibilidade.

A outra é cambiar de sentido diante do centro comercial contiguo á Lennon. Calquera que teña que facer esta manobra comprobará que moitas veces é ou imposible ou perigosa, dada a aglomeración de vehículos de persoas usuarias do centro comercial.

Total, unha veciñanza de catro parroquias con unhas dificultades de mobilidade que parece nada lle importan ao seu goberno. Goberno que non é merecente dunha veciñanza que en vez de presionalo o que fixo foi padecer o problema con paciencia franciscana e calar.

A todo isto Susana Camba tamén lle lembra ao sr. Alcalde os problemas de seguridade que soporta este punto da 640 : nin un só paso de peóns, nin uns semáforos de precaución, nin unhas bandas de seguridade….. Nada de nada, aguantar e calar.

Sr. López desde o BNG e en nome dos afectad@s  esixímoslle que exerza o seu cargo e cumpra coas súas responsabilidades.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta