INFORMACIÓN ESPAZO CONCILIA CONCELLO DA ESTRADA

 

 

• A QUEN VAI DIRIXIDO: é un espazo adicado a rapaces e rapazas con idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos, que os pais-nais precisen conciliar vida
familiar e laboral, onde a finalidade é que os nenos/as se divirtan e aprendan ao
mesmo tempo que ocupan o tempo de ocio, sempre guiados e acompañados por
un equipo de profesionais con experiencia no traballo coa infancia.
• LUGAR: Espazo Concilia atópase ubicado na Rúa Padrón s/n (Novo Mercado 1º
andar)
• HORARIO:
▪ Nos períodos lectivos: de luns a venres de 15:30 a 8:30
▪ Nos períodos non lectivos: de 9:00 a 14:00
• TEMPORALIZACIÓN: mensual
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán
presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00
horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada
(https://aestrada.sedeelectronica.gal).
• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)
• COTA DE INSCRICIÓN: a contía a abonar pola unidade familiar, marcarase en
función do Indicador Público de Renda a Efectos Mútiple (IPREM)
• DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
▪ Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso,
dos representantes legais
▪ Fotocopia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que
acredite oficialmente a situación familiar
▪ Fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso.
▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas,
certificado de vida laboral ou último recibo de cota á s.s. no réxime especial
de traballadores por conta propia.
▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.
▪ Fotocopia do xustificante ou acreditación de ser demandante de emprego,
de ser o caso.
▪ Documentación acreditativa no caso de acollemento
▪ Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións
alegadas polos membros da unidade familiar
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados
no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das
quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta